
domingo, 13 de junho de 2010
BOA VIAXE!!

segunda-feira, 17 de maio de 2010
RECITAIS DE NOVONEIRA
terça-feira, 11 de maio de 2010
PRESENTACIÓN SOBRE UXÍO NOVONEIRA
quinta-feira, 6 de maio de 2010
CALIGRAMAS
Vimos na clase algún caligrama de Uxío Novoneira respecto á paisaxe, e faleivos aproveitando a situación, doutros caligramas como os do Colectivo Ronseltz. Velaquí o tedes, trátase dunha representación do tráfico de cocaína nas praias galegas tirado do libro colectivo do grupo, Unicornio de cenouras que cabalgas os sábados, pura vangarda nos anos 90:
sexta-feira, 23 de abril de 2010
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN
Díxenvos da miña devoción literaria por este autor polifacético, clave para a renovación da poesía galega dos 80, e por un libro seu que marcou un antes e un despois, Con pólvora e magnolias (1977), considerado polos especialistas "un impacto poético en época de ditadura".
O propio título remite a dous elementos: a pólvora, como símbolo de resistencia e loita (temática socialrealista) e a magnolia, como símbolo de delicadeza e beleza (temática intimista).
A continuación dous poemas sacados desta obra, ambos pertencentes a estas dúas temáticas tan diferentes:
Saudemos á morte;
na palma da man non sosteñamos ónices.
Chamémoslle:
libro de silencio,
pórtico terminal da escravitude,
escritura feliz da opacidade,
luz que desata e nome da ledicia.
Saudemos á morte;
non deamos pousada a Bach ou Joplin.
Contemplemos
o seu fremoso rostro á nosa beira.
segunda-feira, 5 de abril de 2010
A NOSA FALA
quarta-feira, 17 de março de 2010
HISTORIA DE MAN DE CAMELLE
Na fotografía que acompaña esta mensaxe podédelo ver desolado pola visión das rochas cubertas de chapapote.
sexta-feira, 12 de março de 2010
FALECE MIGUEL DELIBES

terça-feira, 9 de março de 2010
A ESCOLA DA AREA
sexta-feira, 5 de março de 2010
O CORUÑO
segunda-feira, 22 de fevereiro de 2010
ORGULLOS@S DO NOSO, ORGULLOS@S DO GALEGO
Nela colaboran Martiño Rivas, María Castro, Luís Tosar, Belén Regueira, Antón Reixa e Susana Seivane.
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Neste ano 2010, o homenaxeado será Uxío Novoneyra, o poeta do Courel. Moitos e moitas foron os que apoiaron esta candidatura na rede e ao final, merecidamente, a Academia fixo caso do que pedía a sociedade, e este extraordinario poeta pasará a engrosar a listaxe de escritores aos que se lle dedicou este gran día da cultura galega.
MANUEL LOURENZO: O GRAN HOME DO TEATRO GALEGO

Mais Manuel Lourenzo xa levaba desde moi novo renovando o teatro galego en todas as súas facetas: estudoso, autor, actor, director teatral...
Premio Nacional de Literatura Dramática (1997), Pedrón de Ouro (2001), Premio Nacional de Artes escénicas (2008) e Premio Álvaro Cunqueiro (2009) son simplemente catro dos seus últimos galardóns.
Unha traxectoria que comezou a finais da Ditadura e que continúa hoxe, con máis forza se cabe, colocando o teatro galego á altura do que se está a facer noutros lugares.
quinta-feira, 18 de fevereiro de 2010
VOCES CEIBES
Tratábase de reivindicar o galeguismo a través da música e da poesía, cunhas cancións protesta que pronto se convertirían en himnos da época contra o réxime franquista.
Podedes ver unha reportaxe que lle fixeron recentemente no xornal A Nosa Terra con motivo do seu 40 aniversario no seguinte vídeo:
E neste outro vídeo podedes ver aos integrantes do grupo como eran nos anos 60 cunha das súas cancións máis coñecidas, "Os compañeiros":
quarta-feira, 17 de fevereiro de 2010
LONGA NOITE DE PEDRA
No meio do caminho tinha uma pedra
tinha uma pedra no meio do caminho
tinha uma pedra
no meio do caminho tinha uma pedra.
CARLOS DRUMMOND DE ANDRADE
O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
Asemade, téñovos comentado na aula que diferentes filmes retratan con bastante bo tino a situación histórica destes anos. Un deles é A lingua das bolboretas (José Luis Cuerda, 1999), baseada en varios relatos recollidos no volume Que me queres, Amor? (Manuel Rivas, 1995). Nela cóntase como era a vida na Segunda República e o momento xusto do alzamento militar franquista (18.07.1936) e das consecuencias terríbeis para os que manifestaran o seu apoio á República e ao comunismo.
O outro filme, O lapis do carpinteiro (Antón Reixa, 2002), baseado tamén nunha novela homónima de Manuel Rivas (1999), seguiría cronoloxicamente a época d'A lingua das bolboretas, mostrando a represión durante a Guerra Civil en cadeas como a da Coruña ou a da Illa de San Simón, convertida en campo de concentración franquista. O seguinte vídeo é un dos fragmentos máis sonados desta película que vos recomendo encarecidamente:
Finalmente, penso que non estaría completo este repaso polo contexto histórico sen vos remitir ao seguinte vídeo sobre a represión na Illa de San Simón, na ría de Vigo:
segunda-feira, 15 de fevereiro de 2010
LUIS TOSAR: GRANDE!

Onte, cando recollía o Goya ao mellor actor protagonista polo seu papel de Malamadre en Celda 211 (Daniel Monzón, 2009), puidémolo comprobar. Velaquí o vídeo:
sexta-feira, 5 de fevereiro de 2010
A ROSA DOS VENTOS
segunda-feira, 1 de fevereiro de 2010
EXERCICIOS DE ORTOGRAFÍA
Interesante enlace para practicardes o uso do b/v. Contén tamén un autocorrector para verdes os erros. Se navegardes polo resto do sitio web, veredes exercicios de ortografía de moi diversa índole.sábado, 30 de janeiro de 2010
MAR DO FIN DA TERRA

quinta-feira, 28 de janeiro de 2010
21-X: FOLGA XERAL DO ENSINO- PAREMOS O DECRETAZO CONTRA O GALEGO
Vídeo da Plataforma Queremos Galego (http://www.queremosgalego.org/) sobre a xornada de mobilización no ensino galego o pasado 21 de xaneiro en contra das políticas galegófobas do Goberno da Xunta de Galiza.
quarta-feira, 27 de janeiro de 2010
O COMENTARIO POÉTICO - DE CATRO A CATRO DE MANUEL ANTONIO

sexta-feira, 22 de janeiro de 2010
URBANO LUGRÍS EN BERGANTIÑOS

ESPERANTO
Velaquí algunha información de interese sobre o Esperanto, esa lingua artificial inventada nun laboratorio.Na Galipedia, tedes información sobre o esperanto en lingua galega. Mais como todo idioma que se prece, o esperanto tamén está na rede, e tamén conta, igual que o galego, da súa versión da Wikipedia, chamada Vikipedio. Nela podedes consultar o mesmo artigo que o anterior, desta volta, en esperanto.
Desta información destaco os seguintes aspectos:
- O esperanto é unha lingua artificial, polo que non está relacionado xenealoxicamente con ningún idioma de ningún grupo étnico, aínda que a súa base é latina.
- Foi inventado en 1887 polo oftalmólogo Ludwik Lejzer Zamenhof, que asinou como Doktoro Esperanto, nome polo que se coñecería posteriormente esta lingua.
- Dentro do seu léxico, ten vocabulario derivado directamente do galego: 'saudado' (soidade).
- En Galiza, a principios do século XX había asociacións esperantistas nas cidades da Coruña, Betanzos, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Vilalba, Foz, Lugo e Vigo. De aí quizais a mención do esperanto nun poema de De catro a catro de Manuel Antonio (1928).
Como curiosidade, dicirvos que temos unha única obra da Literatura Galega traducida ao esperanto: Retrincos de Castelao, co título Viveroj.