Mostrar mensagens com a etiqueta costa da morte. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta costa da morte. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 5 de fevereiro de 2010

A ROSA DOS VENTOS

Para finalizarmos con estas aulas onde o mar foi o protagonista, propóñovos un plan para esta fin de semana: visualizar a seguinte curtametraxe titulada A Rosa dos ventos de Jairo Iglesias onde atoparedes moitas caras coñecidas (entre elas unha sorpresa) e moitos lugares coñecidos da nosa Costa da Morte.
As referencias literarias son continuas: desde os poemas de Rosalía de Castro aos de Manuel Antonio... un universo cheo de sentimentos e emocións (ollo á banda sonora de auténtico luxo) nunha xoia de 16 minutos que non vos defraudará.
Desfrutádea!

sábado, 30 de janeiro de 2010

MAR DO FIN DA TERRA


Co título de Mar do fin da terra publicou Cesáreo Sánchez Iglesias en 1987 un poemario en que se notan influencias dos haikus xaponeses. Para mostra o seguinte fragmento do macro-poema número XXV:
Costa da Morte
Obsesivamente Ollo-te e vexo
os teus rios
e a sua navigación

Na seguinte selección de diapositivas feitas co gallo da Inauguración da Fundación Pondal en Ponteceso podedes ver máis exemplos. A cada poema do libro achégaselle unha ou dúas fotografías relacionadas co seu contido ou coa súa localización nas marabillosas paraxes da Costa da Morte. Espero que desfrutedes da presentación e que se queredes, probedes a facer algo semellante cun poema que vos guste.