Para nos introducirmos na análise do comentario de textos poéticos, e conseguir aproveitar ao máximo o que o poema nos ofrece, podedes botar unha ollada ao seguinte enlace sobre o libro de Manuel Antonio De catro a catro (1928).
A información nesta interesante páxina está distribuída da seguinte maneira:
- Fotografías da capa de distintas edicións da obra ao longo do tempo.
- Os 20 poemas da obra comentados verso a verso, onde se ofrecen explicacións lingüísticas e literarias moi interesantes.
- Ademais, en cada poema, tedes un cadro resumo cos trazos da poética máis tradicional e cos trazos máis vangardistas que podedes atopar nel.
En definitiva, unha páxina ben interesante onde poder preparar o tema para o exame.
Sem comentários:
Enviar um comentário