quinta-feira, 18 de fevereiro de 2010

VOCES CEIBES

A finais dos anos 60 xurdiu arredor da Universidade de Santiago de Compostela un grupo de mozos que, a imitación da Nova Cançó catalá, crearon o que se deu en chamar a Nova Canción Galega. O grupo, apadriñado polo poeta chairego Manuel María, chamaríase Voces Ceibes, o que xa dicía moito da súa intención.
Tratábase de reivindicar o galeguismo a través da música e da poesía, cunhas cancións protesta que pronto se convertirían en himnos da época contra o réxime franquista.
Podedes ver unha reportaxe que lle fixeron recentemente no xornal A Nosa Terra con motivo do seu 40 aniversario no seguinte vídeo:


E neste outro vídeo podedes ver aos integrantes do grupo como eran nos anos 60 cunha das súas cancións máis coñecidas, "Os compañeiros":


Sem comentários:

Enviar um comentário