Con esta curta de animación recórdase a Manfred Gnädinger, coñecido como Man de Camelle ou o alemán de Camelle. O seu periplo vital remataría ao pouco de o Prestige tinguir de negro a obra de toda unha vida... Na fotografía que acompaña esta mensaxe podédelo ver desolado pola visión das rochas cubertas de chapapote.
Ao final, despois da curtametraxe, un vídeo cun pequeno percorrido polo que agardamos que sexa o futuro Museo de Man, un escultor diferente.
Para finalizarmos con estas aulas onde o mar foi o protagonista, propóñovos un plan para esta fin de semana: visualizar a seguinte curtametraxe titulada A Rosa dos ventosde Jairo Iglesias onde atoparedes moitas caras coñecidas (entre elas unha sorpresa) e moitos lugares coñecidos da nosa Costa da Morte.
As referencias literarias son continuas: desde os poemas de Rosalía de Castro aos de Manuel Antonio... un universo cheo de sentimentos e emocións (ollo á banda sonora de auténtico luxo) nunha xoia de 16 minutos que non vos defraudará.