Aquí tedes a presentación que fixemos no Departamento de Lingua Galega co CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco con motivo da celebración do Día das Letras Galegas este ano 2010.
Abofé que do obradoiro poético posterior saíron poemas e caligramas ben fermosos. Mais xa sabedes, a inspiración atópase traballando, e para que unha obra saia ben, antes hai que tirar moitos papeis, ou en linguaxe máis actualizada, revisar moitas veces un mesmo documento no voso procesador de textos.
E por se non o sabedes, existen páxinas onde publicar a vosa obra, por exemplo na Biblioteca Virtual Galega.
Mais se aínda non sodes tan ambiciosos e ambiciosas, podédelo deixar como comentario, que de vez en cando tamén se agradecen, porque sei que sodes moitos e moitas as que seguides o blogue, mais non vos deixades notar.
Día das letras galegas 2010
View more presentations from guest75e3415.
o que mais me gustou da presentación foi a poesía do lobo e a letanía, kedou moi ben o de recitala todos xuntos
ResponderEliminarSi, a verdade é que quedou ben, si. Vou colgar un vídeo de Novoneira recitándoa, a ver se o atopo.
ResponderEliminar