sexta-feira, 13 de novembro de 2009

A VOLTAS COA EMIGRACIÓN

Preparámonos para a sesión de cinema do próximo martes, cando Miguel Castelo nos dea unha lección maxistral sobre a súa curtametraxe, O pai de Migueliño, baseada nunha das Cousas de Castelao.
O ambiente que se describe nelas, tal e como estamos a ver estes días nas aulas, é o de principios do século XX, cando a emigración de galegos a América desde os nosos portos era masiva.
Agardo que con estes vídeos vos poidades facer idea das consecuencias da emigración en Galiza. O primeiro deles é un extracto do programa
Historias de Galicia (TVG) e incide no aspecto social.
O segundo vídeo é unha curtametraxe de 20 minutos feita polo maior realizador galego de todos os tempos, Chano Piñeiro e que retrata dunha maneira moi realista o sentimento de soidade dos que quedaban aquí agardando por familiares que quizais nunca volvesen. Sabede tamén que se trata da curta máis premiada de toda a historia do cinema galego. O título: Mamasunción. Non a podedes deixar de ver @s que non o fixestes, aínda que ben sei que hai quen xa o fixo ;-)






1 comentário:

  1. weno..o de hoxe estivo ben..pero a verdade é k 2 horas seguidas sentados....rematas esgotado!!!
    a parte de k ao final viña un sono...

    ResponderEliminar