Cando a cousa sae mal, réñovos, enfadámonos, reflexionamos sobre o que pasou para que non se repita....
E por tanto, cando sae ben a miña obriga é a de vos felicitar. Felicitarvos por aguantardes estoicamente as 2 horas de coloquio con Miguel Castelo como campións e campioas, felicitarvos pola vosa participación e actitude, felicitarvos polas vosas reflexións... e por facerdes felices ao Director da curtametraxe, que ficou encantado de poder explicar sen apenas interrupcións un labor creativo difícil que poucas veces temos a oportunidade de escoitar de primeira man.
Déixovos o vídeo da curta, que está colgado en Flocos, para volvela ver, agora desde unha perspectiva de expertos ;-)
XA DIXO QUE ERAMOS OS MELLORES EH!!!!
ResponderEliminarE NON ME EXTRAÑA QUE O DIGA
JAJAJAJA
non ah!!! dixo que estabamos empatados cos de Muxía!!! non é o mesmo
ResponderEliminar