Fronte ao prexuízo de que co galego non se vai a ningures, podemos mirar na historia da lingua galega e pensar no seu desenvolvemento xeográfico. Desde o nacemento do galego, no século IX, a independencia de Portugal e a absorción do Reino de Galiza pola Coroa de Castela os camiños da variante do Norte e a do Sur sufriron vidas ben dispares, o que podedes ver no seguinte vídeo:
Tal e como podedes ver na fotografía da entrada, o portugués é unha das linguas máis faladas do mundo. Todos estes países que noutrora foron colonizados polos portugueses, e que asimilaron a lingua dos conquistadores, conforman a chamada Lusofonía, artellados arredor da Comunidade de Países de Língua Oficial Portuguesa (aínda que tamén se falan neles outras linguas).
Desde hai pouco tempo diversos investigadores e lingüistas veñen reclamando que se fale de Galeguía e non de Lusofonía, precisamente, por ser na Gallaecia medieval onde nacería o galego, a base de todas estas linguas. Aprendelo, é pois, unha grande e pouco custosa inversión. Na vosa man queda.
eu tou ben orgullosa de ser galega!!! porque a ver...somos os + riquiñosd de España..e a parte diso...ainda que a nosa xunta non lle guste o noso idioma porque pensa que non temos futuro con ela é mentira...aer...NON SE DI QUE EN CALQUERA PARTE DO MUNDO HAI UN GALEGO? pois daquela...o que se ten é todo prexuizos!!!
ResponderEliminar