sexta-feira, 27 de novembro de 2009

LINGUAS MAIORITARIAS, MINORITARIAS E MINORIZADAS

A idea de que en cada Estado se fala unha lingua é un mito. De feito, que isto ocorra é case un milagre.



Actualmente, preto do 96% das linguas (máis de 6.500), son faladas por un 4% da poboación mundial, e só o 25% (arredor de 1.700) apréndense na escola e teñen presenza na Internet. A maioría destas linguas atópanse concentradas en poucos estados, como é o caso de México, onde existen actualmente 297 linguas vivas, ou Papúa-Nova Guinea, onde existen 820. Tamén destacan as 737 de Indonesia, as 536 de Nixeria, 427 da India ou as máis de 300 linguas que conseguiron sobrevivir nos Estados Unidos de América. En Europa, tan só se fala o 3 % das linguas do mundo.

Moitas destas linguas están en perigo de extinción (son, por tanto, linguas minoritarias e / ou minorizadas). Por exemplo, Bolivia (con 37 linguas pertencentes a oito familias lingüísticas) ten o duplo de diversidade lingüística que toda a Europa. Sete destas linguas son únicas porque, como o éuscaro, non proceden de ningunha familia lingüística coñecida. A perda delas faría moi difícil a súa recuperación por este motivo.

No outro extremo da corda atópanse as linguas máis faladas do mundo (linguas maioritarias). O chinés mandarín, con 1.200 millóns de falantes está moi lonxe de desaparecer, seguido polo inglés, falado por 500 millóns ou o hindú, con 450 millóns. As seguintes linguas máis faladas son o español, o ruso, o árabe, o
portugués e o francés.


Sinalo o portugués porque ten a súa orixe naquel galego que no século IX nacería no Reino da Gallaecia e que posteriormente se espallaría por todo o mundo na época das descubertas, dando lugar ao que hoxe se coñece como Lusofonía e que algúns reivindican como Galeguía, aínda que iso é tema para outra entrada...

Sem comentários:

Enviar um comentário