domingo, 29 de novembro de 2009
APRENDER PORTUGUÊS
sexta-feira, 27 de novembro de 2009
O GALEGO NO MUNDO
Fronte ao prexuízo de que co galego non se vai a ningures, podemos mirar na historia da lingua galega e pensar no seu desenvolvemento xeográfico. Desde o nacemento do galego, no século IX, a independencia de Portugal e a absorción do Reino de Galiza pola Coroa de Castela os camiños da variante do Norte e a do Sur sufriron vidas ben dispares, o que podedes ver no seguinte vídeo:
Tal e como podedes ver na fotografía da entrada, o portugués é unha das linguas máis faladas do mundo. Todos estes países que noutrora foron colonizados polos portugueses, e que asimilaron a lingua dos conquistadores, conforman a chamada Lusofonía, artellados arredor da Comunidade de Países de Língua Oficial Portuguesa (aínda que tamén se falan neles outras linguas).
Desde hai pouco tempo diversos investigadores e lingüistas veñen reclamando que se fale de Galeguía e non de Lusofonía, precisamente, por ser na Gallaecia medieval onde nacería o galego, a base de todas estas linguas. Aprendelo, é pois, unha grande e pouco custosa inversión. Na vosa man queda.
LINGUAS MAIORITARIAS, MINORITARIAS E MINORIZADAS
A idea de que en cada Estado se fala unha lingua é un mito. De feito, que isto ocorra é case un milagre.Actualmente, preto do 96% das linguas (máis de 6.500), son faladas por un 4% da poboación mundial, e só o 25% (arredor de 1.700) apréndense na escola e teñen presenza na Internet. A maioría destas linguas atópanse concentradas en poucos estados, como é o caso de México, onde existen actualmente 297 linguas vivas, ou Papúa-Nova Guinea, onde existen 820. Tamén destacan as 737 de Indonesia, as 536 de Nixeria, 427 da India ou as máis de 300 linguas que conseguiron sobrevivir nos Estados Unidos de América. En Europa, tan só se fala o 3 % das linguas do mundo.
Moitas destas linguas están en perigo de extinción (son, por tanto, linguas minoritarias e / ou minorizadas). Por exemplo, Bolivia (con 37 linguas pertencentes a oito familias lingüísticas) ten o duplo de diversidade lingüística que toda a Europa. Sete destas linguas son únicas porque, como o éuscaro, non proceden de ningunha familia lingüística coñecida. A perda delas faría moi difícil a súa recuperación por este motivo.
No outro extremo da corda atópanse as linguas máis faladas do mundo (linguas maioritarias). O chinés mandarín, con 1.200 millóns de falantes está moi lonxe de desaparecer, seguido polo inglés, falado por 500 millóns ou o hindú, con 450 millóns. As seguintes linguas máis faladas son o español, o ruso, o árabe, o portugués e o francés.
quinta-feira, 19 de novembro de 2009
XERACIÓN NÓS: VICENTE RISCO E OTERO PEDRAYO
Para aos e ás que a rápida visión que demos nas aulas esta semana sobre Vicente Risco e Otero Pedrayo lles soubo a pouco, vouvos dar unha serie de enlaces á Bibliotecas Virtuais para consultardes máis información sobre a súa vida e, se queredes, botarlle unha lectura ás obras de Risco, das que tamén temos edición en liña. ENSAIO:
terça-feira, 17 de novembro de 2009
PARABÉNS COLECTIVOS
Cando a cousa sae mal, réñovos, enfadámonos, reflexionamos sobre o que pasou para que non se repita....domingo, 15 de novembro de 2009
LINGUA DE REIS, LINGUA DO POBO
Nesta entrada imos ver a situación da lingua galega nos séculos XIX e XX. Vai ser algo breve, centrado sobre todo no papel que xogaron Murguía, Rosalía e as Irmandades da Fala nos chamados primeiro e segundo Rexurdimentos (1863 e 1916, respectivamente)ESTE VAISE E AQUEL VAISE...
sexta-feira, 13 de novembro de 2009
A VOLTAS COA EMIGRACIÓN
Preparámonos para a sesión de cinema do próximo martes, cando Miguel Castelo nos dea unha lección maxistral sobre a súa curtametraxe, O pai de Migueliño, baseada nunha das Cousas de Castelao.O ambiente que se describe nelas, tal e como estamos a ver estes días nas aulas, é o de principios do século XX, cando a emigración de galegos a América desde os nosos portos era masiva.
Agardo que con estes vídeos vos poidades facer idea das consecuencias da emigración en Galiza. O primeiro deles é un extracto do programa Historias de Galicia (TVG) e incide no aspecto social.
quinta-feira, 12 de novembro de 2009
O TRASLADO DOS RESTOS DE CASTELAO
Como sabedes, Castelao morreu o 7 de xaneiro de 1950 en Bos Aires, onde sería embalsamado e posteriormente enterrado, arroupado cunha bandeira galega e cunha presa de terra que lle levaran desde a súa querida Patria, á que nunca regresaría con vida desde o seu exilio a terras americanas. Ademais do Panteón, en Bonaval podedes visitar o Museo do Pobo Galego. Para que realicedes un paseo virtual achégovos outro vídeo interesante, onde podedes ver as tumbas destes escritores e mais unha das xoias arquitectónicas máis recoñecidas de Galiza: a escaleira deseñada polo arquitecto Domingo de Andrade.
BENVID@S!!!
Comezo hoxe este blogue, unha andaina conxunta neste camiño coa esperanza de que vos sirva de apoio ás aulas de Lingua e Literatura Galega.

