segunda-feira, 21 de dezembro de 2009

BOAS FESTAS PARA TOD@S!!!!!!


Agardo que o pasedes moi ben nestas festas. Un abrazo e que o próximo ano traia todo o que merecedes e máis...


LENDA DO APALPADOR

O Apalpador é un xigante carboeiro que mora nas devesas, que usa boina, casaco esfarrapado e remendado, fuma en pipa, que se alimenta de bagas e xabaríns.
O día 31 de decembro baixa da montaña e visita as crianzas, despois de quedaren durmida
s. Entón apálpalles a barriga por ver se están cheas ou se teñen fame.
De teren a barriga chea, di: “Así, así esteas todo o ano" e déixalles unha manchea de castañas. De ver que teñen a barriga baleira, non di nada, mais tamén deixa unha presada de castañas.


2 comentários:

  1. xa sei que non ten que ver co tema..pero e moi importante para min saber esto:
    Silvana, sabes se algun dia antes do 11 vai haber algun profe no cole????? e que necesito un certificado das miñas notas para o nove de xaneiro para unha beca e chamaronme hoxe...e claro..cando chamei eu o colexio xa marcharan todos...claro..marcharian todos as dúas e cuarto...weno..agradeceriaxe moito que me contestes se sabes algo..
    BICOS, E FELIZ ANINOVO

    ResponderEliminar
  2. Pois sentíndocho moito, Albiña penso que non vai haber ninguén por alí. Mais o que podes facer é o seguinte: ti mandas todos os papeis e mais a instancia que teñas que presentar e despois vante avisar de que che falta o certificado e tes uns días para presentalo outra vez. O importante é que presentes agora a instancia a tempo, que cha compulsen coa data en que a entregas e que te quedes con unha FOTOCOPIA da instancia compulsada, para despois poder presentala xunto co certificado cando cho pidan. Faime caso e non terás problemas, que o procedemento administrativo é así por lei.
    Unha aperta!

    ResponderEliminar