Logo de lermos na aula a Carta do xefe indio Seattle ao Presidente dos EUA, Franklin Pierce, datada en 1855, cómpre que fagamos algunhas reflexións, para o que me remito ao propio texto, verdadeiramente profético, para que comentedes o que vos parece, seguindo un pouco a liña do debate iniciado na aula.
Trátase dun documento que, a pesar de estar escrito no século XIX, adianta ideas que hoxe están nos principais despachos dos Gobernos en todo o mundo: o cambio climático, a conservación das especies, a biodiversidade, a protección do medio natural, a desertización, a simbiose do ser humano coa terra...
Ten fragmentos realmente encomiábeis, dignos de ter en conta:
- "Como se poden mercar ou vender o firmamento, nin aínda a calor da terra? Esa idea énos descoñecida.Se non somos donos do frescor do aire, nen da fúlgura das augas, como poderán vostedes mercalos?"
- "Somos parte da terra e, así mesmo, ela é parte de nós. As flores perfumadas son as nosas irmás; o veado, o cabalo, a gran aguia: estes son os nosos irmáns. As escarpadas penas, as húmidas pradeiras, a calor do corpo do cabalo e do home. Todos pertencemos á mesma familia."
- "A auga cristalina que corre polos nosos ríos e regatos non é soamente auga, senón que tamén representa o sangue dos nosos antergos. [...] O murmurio da auga é a voz do pai do meu pai."
- "Son un salvaxe e non comprendo como unha máquina fumegante pode importar máis que o búfalo ao que nós matamos só para sobrevivir. Que sería do home sen os animais? Se todos fosen exterminados, o home tamén morrería dunha gran soidade espiritual: porque o que lle suceda aos animais tamén lle sucederá ao home. Todo vai enlazado."
Aquí deixo os vídeos musicais dos que vos falei, que tratan o tema desde unha óptica galega. Porque somos vítimas de incendios forestais intencionados, de contaminación (As Pontes, Meirama, Sogama, Ence...), de mareas negras que se repiten cada certo tempo sen que ninguén poña remedio, e moitas especies vexetais e animais propiamente galegas están en perigo de extinción.
O primeiro é do grupo de Ordes Dios Ke Te Crew e o segundo é unha colaboración entre este mesmo grupo e Quempallou.

que ben están as letras das cancións destes!!!!!
ResponderEliminardin toda a verdade e sen cortarse nada, defendendo o k eles queren e cren...o rap non é un estilo de música que me guste..pero a verdade e que este grupo xa é un dos meus ídolos(sen pelos na lingua)jajajaja
wueno wueno...
ResponderEliminarti alba poderias representarnos a todos eh!!
deixasme sin palabra...
xd
Alba ía para política! xD!
ResponderEliminar