Agardo que o pasedes moi ben nestas festas. Un abrazo e que o próximo ano traia todo o que merecedes e máis...
LENDA DO APALPADOR
O Apalpador é un xigante carboeiro que mora nas devesas, que usa boina, casaco esfarrapado e remendado, fuma en pipa, que se alimenta de bagas e xabaríns.
O día 31 de decembro baixa da montaña e visita as crianzas, despois de quedaren durmidas. Entón apálpalles a barriga por ver se están cheas ou se teñen fame.
De teren a barriga chea, di: “Así, así esteas todo o ano" e déixalles unha manchea de castañas. De ver que teñen a barriga baleira, non di nada, mais tamén deixa unha presada de castañas.



