domingo, 29 de novembro de 2009
APRENDER PORTUGUÊS
sexta-feira, 27 de novembro de 2009
O GALEGO NO MUNDO
Fronte ao prexuízo de que co galego non se vai a ningures, podemos mirar na historia da lingua galega e pensar no seu desenvolvemento xeográfico. Desde o nacemento do galego, no século IX, a independencia de Portugal e a absorción do Reino de Galiza pola Coroa de Castela os camiños da variante do Norte e a do Sur sufriron vidas ben dispares, o que podedes ver no seguinte vídeo:
Tal e como podedes ver na fotografía da entrada, o portugués é unha das linguas máis faladas do mundo. Todos estes países que noutrora foron colonizados polos portugueses, e que asimilaron a lingua dos conquistadores, conforman a chamada Lusofonía, artellados arredor da Comunidade de Países de Língua Oficial Portuguesa (aínda que tamén se falan neles outras linguas).
Desde hai pouco tempo diversos investigadores e lingüistas veñen reclamando que se fale de Galeguía e non de Lusofonía, precisamente, por ser na Gallaecia medieval onde nacería o galego, a base de todas estas linguas. Aprendelo, é pois, unha grande e pouco custosa inversión. Na vosa man queda.
LINGUAS MAIORITARIAS, MINORITARIAS E MINORIZADAS
A idea de que en cada Estado se fala unha lingua é un mito. De feito, que isto ocorra é case un milagre.Actualmente, preto do 96% das linguas (máis de 6.500), son faladas por un 4% da poboación mundial, e só o 25% (arredor de 1.700) apréndense na escola e teñen presenza na Internet. A maioría destas linguas atópanse concentradas en poucos estados, como é o caso de México, onde existen actualmente 297 linguas vivas, ou Papúa-Nova Guinea, onde existen 820. Tamén destacan as 737 de Indonesia, as 536 de Nixeria, 427 da India ou as máis de 300 linguas que conseguiron sobrevivir nos Estados Unidos de América. En Europa, tan só se fala o 3 % das linguas do mundo.
Moitas destas linguas están en perigo de extinción (son, por tanto, linguas minoritarias e / ou minorizadas). Por exemplo, Bolivia (con 37 linguas pertencentes a oito familias lingüísticas) ten o duplo de diversidade lingüística que toda a Europa. Sete destas linguas son únicas porque, como o éuscaro, non proceden de ningunha familia lingüística coñecida. A perda delas faría moi difícil a súa recuperación por este motivo.
No outro extremo da corda atópanse as linguas máis faladas do mundo (linguas maioritarias). O chinés mandarín, con 1.200 millóns de falantes está moi lonxe de desaparecer, seguido polo inglés, falado por 500 millóns ou o hindú, con 450 millóns. As seguintes linguas máis faladas son o español, o ruso, o árabe, o portugués e o francés.





